¡Finalistas do Concurso de Debate Parlamento Xove!

Obtivemos a máxima puntuación entre todos os equipos que interviron

 

O grupo de debate do Colexio San José, integrado polos oradores Saúl Corredoira e Ángel López, e os investigadores Alejandro Varela e Catalina Rois, e acompañado pola profesora Amparo Tejeda Vázquez, resultou clasificado para a final da oitava edición do concurso de debate Parlamento Xove.

Pese a obter a máxima puntuación entre todos os equipos, rematou no cuarto posto, ao prevalecer como criterio o número de debates gañados (dous de tres). Ademais, Saúl Corredoira, o refutador do equipo , foi distinguido coma mellor orador da competición.